ALCALDÍA

O alcalde volve participar na tradicional poxa das uñas en San Lázaro

08/04/2019 O alcalde, Martiño Noriega, participou un ano máis na tradicional poxa das uñas de San Lázaro, un dos actos centrais da Festa Gastronómica na que o Concello volve colaborar a través de Turismo de Santiago. O rexedor estivo acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

O alcalde volveu ser activo na poxa, e conseguiu levar un lote de uñas. Un ano máis, a poxa estivo moi concorrida, coa asistencia de representantes dos diferentes grupos políticos municipais, de responsables de establecementos de hostalería e de veciños e veciñas.

Como en anos anteriores, o Concello, a través de Turismo de Santiago, colaborou na organización da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, xunto coa Asociación Hostalería Compostela. Este ano sumáronse á celebración 21 establecementos de hostalería, sete deles localizados fóra do barrio de San Lázaro.

Compartir: