ACCIÓN CULTURAL

Suspendido o concerto da Banda Municipal de Música

07/04/2019 A Banda Municipal de Música non poderá ofrecer hoxe o seu habitual concerto dos domingos no Teatro Principal, por mor da baixa do único tuba da formación, comunicada nesta mesma mañá ao director da Banda.

A Banda Municipal de Música de Santiago contaba no seu persoal cun único intérprete de tuba dispoñible, un instrumento imprescindible no repertorio da formación. O músico comunicou esta mañá a súa baixa, a escasas horas da actuación prevista, e sen tempo material para que se puidera cubrir o posto de cara ao concerto deste mediodía.

O Concello tratará de solventar a situación de cara aos próximos concertos previstos na axenda da Banda Municipal de Música e lamenta as molestias ocasionadas pola cancelación de hoxe.

Compartir: