XUNTA DE GOBERNO

Iniciada a licitación do servizo de xestión do Centro Xove da Almáciga

05/04/2019 A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de contratación do servizo de xestión do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, ao que se destinarán case 84.000 euros anuais, IVE aparte.

O Centro Xove da Almáciga abriu as súas portas a finais de 2016, co obxectivo de que a mocidade teña un lugar específico para desenvolver as súas actividades. Na nave véñense organizando propostas relacionadas coa música, o teatro, o cine ou o circo. As instalacións, que tamén acollen actividades formativas, foron financiadas con fondos FEDER vinculadas ao programa Urbana Santiago Norte. Por iso, os seus usos teñen que estar obrigatoriamente vinculados coa mocidade.

Prórroga do contrato do lixo
Na Xunta de Goberno de hoxe tamén se acordou prorrogar o contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria polo prazo dun ano, ata abril de 2020. O canon será actualizado aplicando o IPC interanual de decembro de 2017 a decembro de 2018, isto é, un 1,20%. Así, o canon para 2019 será de case 8 millóns de euros, IVE incluído. Para o período do 1 de xaneiro ao 10 de abril de 2020, finalización da prórroga, o custo será de 2,2 millóns de euros.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: