URBANISMO

Aprobado o proxecto de compensación do SUNP-4 do Camiño Francés

05/02/2007 A Xunta de Goberno local aprobou de xeito definitivo o proxecto de compensación do solo SUNP-4, no Camiño Francés. Cómpre lembrar que se trata da área onde se construirá o futuro centro comercial das Cancelas e varios bloques de vivendas.

A superficie edificable deste polígono é de 64.268 metros cadrados, dos cales 53.745 se destinarán a uso terciario-comercial, 2.573 a vivenda unifamiliar e 7.950 a vivenda colectiva.

A efectividade deste acordo queda condicionada á sinatura do texto definitivo do Convenio para a concreción do aproveitamento municipal no proxecto e ao ingreso das cantidades acordadas. Este aproveitamento achegará ás arcas municipais 6,4 millóns de euros. O texto deste convenio tamén foi ratificado polo Goberno local.

Licenzas

Tamén en urbanismo, no capítulo de licenzas, destaca concedida para a construción dun edificio de 64 vivendas e a apertura dun residencial comunitario no quinteiro 5 du SUP-6 de Santa Marta. Suporá un investimento de 4,8 millóns de euros.

Compartir: