FESTAS

Máis de 126.000 euros para as festas do Antroido

05/02/2007 O Goberno local aprobou un orzamento de 126.830 euros para as festas do Antroido 2007. O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentará en breve o programa detallado destas celebracións, que terán lugar entre o 17 e 21 de febreiro.

Un ano máis, non faltará o festival infantil, que se celebrará o domingo 18, nin o tradicional desfile do martes de Antroido. Pero tamén haberá obradoiros, baile de maiores ou animación das rúas, entre outras propostas.

Compartir: