CULTURA

O portugués, ao alcance da man

05/02/2007 "Aprende em 25 segundos a ler em portugués" é o título dunha campaña que pretende concienciar aos cidadáns do sinxelo que é acceder ao portugués para un galego. Esta iniciativa está a permitir repartir en centros de ensino e librarías dípticos e marcadores de libros coas equivalencias máis xerais entre os dous idiomas.

A campaña quere "facerlle comprender á xente que, dende a diversidade, a estrutura lingüística do galego e do portugués é a mesma", sinalou o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, na presentación da mesma. Segundo apuntou, "temos unha capacitación básica en portugués, aínda que moita xente non sexa consciente diso"

A Fundación Vía Galega encargouse do deseño desta iniciativa, cuxo título -indicou a súa vicepresidenta, Susana Romero-, xurdiu como unha parodia desas campañas masivas que invitan a aprender un idioma en poucas palabras. O seu obxectivo fundamental é "animar aos lectores "a asomarse á rica cultura escrita no estándar portugués".

Compartir: