EDUCACIÓN

Os alumnos do rural aprenden a convivir en paz

02/02/2007 O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolleu un encontro das escolas rurais, dentro da Quincena da Educación pola paz, a convivencia e a solidariedade. A concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, puido compartir uns momentos cos nenos e nenas das escolas de Feáns-Villestro, A Peregrina, Susana-Marrozos, Sisto-Marrozos, Gaioso-Eixo e Rial-Laraño.

A iniciativa, incluída á súa vez no Plan de dinamización das escolas rurais, incluíu unha visita á exposición de ilustracións "Plantando libros". Nesta mostra, 78 artistas, entre escritores e ilustradores, ofrecen a súa visión da natureza.

A continuación, os escolares tomaron parte nunha sesión de contacontos, "O atrapador de contos", a cargo do colectivo Bicis pola paz. Tamén houbo tempo para un obradoiro sobre a convivencia en paz e para unha visita á Biblioteca Nova 22 de Caixa Galicia.

Compartir: