LINGUA
As actividades estarán guiadas por Xandobela, unha iniciativa de dinamización sociocultural de Compostela que traballa no eido da pedagoxía, a cultura e a animación sociocultural. As Tardes Xogantinas iranse desenvolvendo a través de diferentes iniciativas que permitirán que os nenos e nenas poidan ir coñecendo a tradición oral e experimentando a normalidade de relacionárense en galego.
Estrea das Tardes Xogantinas no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes
13/03/2019 Esta tarde botan a andar as Tardes Xogantinas no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, nas Fontiñas. Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que poderán xogar e socializar en galego.
As Tardes Xogantinas serán todos os mércores, dende hoxe e ata o 26 de xuño, agás os días non lectivos. As actividades desenvolveranse de 18:00 a 19:30 horas, e para participar só é preciso presentarse na ludoteca e cubrir unha ficha cos datos do neno ou nena participante. Para cada sesión fíxase un máximo de 15 cativos e cativas, que se cubrirán por orde de chegada.As actividades estarán guiadas por Xandobela, unha iniciativa de dinamización sociocultural de Compostela que traballa no eido da pedagoxía, a cultura e a animación sociocultural. As Tardes Xogantinas iranse desenvolvendo a través de diferentes iniciativas que permitirán que os nenos e nenas poidan ir coñecendo a tradición oral e experimentando a normalidade de relacionárense en galego.