CONSORCIO

O Consorcio celebrou unha nova Comisión Executiva

12/03/2019 O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega.

No transcurso da xuntanza aprobáronse asuntos de xestión orzamentaria e avanzouse na tramitación de diversos convenios relacionados coa exposición do legado do pintor Carlos Maside, a elaboración do Plan Especial de Conxo e a colaboración con Afundación para unha exposición relativa á imaxe nas Festas do Apóstolo. Ademais, tomáronse decisións relativas á posta en marcha da administración dixital do Consorcio e á protección de datos.

O desenvolvemento da reunión viuse alterado ao coñecérense as agresións realizadas en distintos puntos das referencias patrimoniais da cidade, circunstancia que todos os/as asistentes reprobaron enerxicamente.

Compartir: