CULTURA
Xunto con esta obra de encargo, a orquestra interpretará o "Concerto para violín" de Berg e a "Sinfonía Heroica" de Beethoven. Todo baixo a batuta do seu director titular, o mestre Ros Marbá, e cun só do violinista Grigori Nedobora.
Durante o mes de febreiro, tres violinistas da RFG actuarán como solistas. O primeiro deles, Grigori Nedobora, representa esa parte da orquestra chegada dende o leste europeo e que achega un carácter internacional á orquestra. Nedobora, de orixe ucraíno, leva tocando o violín dende os seis anos. A partir de 1996 é principal de segundos violíns da Real Filharmonía de Galicia e profesor de violín da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Durante todo este tempo desenvolve unha ampla actividade musical, como membro de distintos conxuntos camelísticos como o Dúo Moz-Art o Cuarteto Matiz ou Camerata Quodi.
Requiem á memoria dun anxo
Tralo "Concerto para violín", de Alban Berg, agóchase una historia dramática. A obra foi escrita "á memoria dun anxo", en referencia á morte de Manon Gropius, a fermosa filla do arquitecto Walter Gropius, o arquitecto fundador da Bauhaus. Manon, chamada así pola heroína da ópera de Puccini "Manon Lescaut", morreu en Venecia, en 1935, á idade de 18 anos. Ese mesmo ano, o compositor Alban Berg aceptara unha obra de encargo para violín. Ao principio non se amosou moi entusiasmado, pero a repentina morte de Manon conmocionouno de tal maneira que rematou a obra en catro meses, dándolle a forma dun réquiem. O que Berg non sospeitaba é que a obra sería tamén o seu propio réquiem, xa que morrería na Noiteboa de 1935, aqueixado dunha septicemia.
O programa pecharase con Beethoven e a súa "Sinfonía Heroica", composta entre 1803 e 1804, dous anos despois de escribir o "Testamento de Heiligenstadt", no que expresa a súa forma de afrontar a xordeira, o sufrimento e o futuro. Esta terceira sinfonía de Beethoven rompe os esquemas da tradicional sinfonía clásica do XVIII e dá o paso cara a sinfonía romántica do XIX.
Inicialmente a obra estaba dedicada a Napoleón, como personificación dos ideais da Revolución Francesa. Pero cando en 1804 Bonaparte autocoroouse emperador o compositor anoxouse tanto que borrou o nome, con tanta forza que rasgou o papel. Decidiu entón chamala heroica.
Ros Marbà dirixe á Real Filharmonía no Concerto para violín de Alban Berg
30/01/2007 A Real Filharmonía de Galiciainterpreta no concerto desta semana tres pezas diferentes, dunha grande orixinalidade. O programa ábrese con "But in vain…", unha novidade do compositor galego Eduardo Soutullo, feita por encargo da Fundación Autor e da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas, a proposta da Real Filharmonía. É a segunda obra dun tríptico de obras orquestrais inspiradas en tres versos do poema "Even Song", de Oliver Wendell Holmes (1809-1894).
"But in vain..." desenvólvese nun único movemento e foi composta para a formación ao completo da Real Filharmonía de Galicia. A primeira obra do tríptico, "All the echoes listen", obtivo o primeiro premio no Concurso Internacional de Composición Ciutat de Tarragona 2005, o único certame español membro da Federación Mundial de Concursos Internacionais de Música.Xunto con esta obra de encargo, a orquestra interpretará o "Concerto para violín" de Berg e a "Sinfonía Heroica" de Beethoven. Todo baixo a batuta do seu director titular, o mestre Ros Marbá, e cun só do violinista Grigori Nedobora.