CENTROS CÍVICOS

Ábrese a preinscrición en novas actividades e nos grupos con vacantes dos centros cívicos

27/12/2018 Os centros cívicos reiniciarán na semana do 7 de xaneiro as súas habituais actividades con límite de prazas e de carácter continuado.

Dende este xoves 27 de decembro e ata o xoves 3 de xaneiro, todos aqueles interesados en preinscribirse nas novas actividades ou nos grupos onde hai vacantes poderán facelo tanto presencialmente como online (hora límite as 24:00 horas do día 3 de xaneiro) a través da do seguinte formulario.

A programación prevista para este curso ofrece novas prazas para as actividades nos espazos de novas tecnoloxías, ademais das vacantes que hai nos distintos cursos e clubs.

Toda a programación pode consultarse aquí e nos propios centros cívicos.

Compartir: