DEPORTES

O CEIP Rodríguez Xixirei (Lavacolla) contará cun pavillón polideportivo

29/01/2007 A Xunta de Goberno aprobou a contratación da redacción dun Plan especial de equipamentos, que permitirá a execución dun polideportivo cuberto a carón do CEIP Rodríguez Xixirei, en Lavacolla. A elaboración deste proxecto suporá un investimento de 19.720 euros.

Con este polideportivo dáse resposta a unha reivindicación deste centro indicativo e desta área da cidade. Os encargados de redactar o proxecto determinarán agora cal é a mellora ubicación para o complexo e a ordenación necesaria para acometela.

Copa LEB 2

Tamén no eido deportivo, o Goberno local deu o visto bo a unha subvención de 30.000 euros ao club Instituto Rosalía de Castro para a organización da Copa Adecco LEB 2 2007, que se celebrará en Santiago do 1 ao 3 de febreiro. En contraprestación, o logo do Concello figurará na cartelería do evento e nos valados publicitarios. Ademais, o club entregará 200 abonos para presenciar todos os partidos da competición.

Compartir: