EDUCACIÓN

Concello e Xunta colaborarán na reforma do IES Eduardo Pondal

29/01/2007 O IES Eduardo Pondal será sometido a unha significativa reforma, en virtude dun convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia, cuxa proposta aprobou a Xunta de Goberno. Esta actuación permitirá a reforma do peche do recinto, melloras nos accesos ou a ampliación dos espazos libres cubertos, entre outras.

Será a Xunta a que se encargue de executar as obras, mentres que o Concello colaborará na cesión dos terreos colindantes. Ademais, tamén eximirá de pagar a taxa de licenza e de construción e obras.

Tamén en Educación, aprobouse o programa de concertos didácticos de música tradicional nos centros escolares. Uns 3.500 alumnos de 20 primaria e secundaria de 20 centros escolares participarán nesta iniciativa, destinada a promover o uso educativo da música.

Finalmente, aprobouse un orzamento de 8.838 euros para o desenvolvemento da Campaña de educación ambiental nos centros de ensino durante o ano 2007.

Compartir: