XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a Oferta de Emprego do Concello para 2018, que contempla 45 prazas

07/12/2018 A Xunta de Goberno aprobou hoxe a oferta de emprego do Concello para este ano 2018, que contempla 45 prazas. Delas, 10 delas serán da convocatoria de promoción interna e 35 de quenda libre. Desta maneira, o Goberno "responde ás necesidades máis urxentes de persoal da administración municipal, dentro do escaso marxe que permite a lei por mor da taxa de reposición". Entre as novas prazas, destacan as do servizo de extinción de incendios ou a dotación, por vez primeira, dun fagotista para a Banda Municipal de Música.

Nas 35 prazas de quenda libre figuran doce postos de nova creación para persoal funcionario e dous para persoal laboral. Os primeiros son, en concreto, tres oficiais de extinción de incendios, dous bombeiros/as-condutores/as, un economista, un músico/a fagotista, un administrativo/a, un auxiliar administrativo, un uxier e dous policías locais (na quenda de mobilidade). Como persoal laboral convócanse as prazas de avogado de Servizos Sociais e ATS.

A oferta de prazas en quenda libre inclúe a estabilización de 18 postos que estaban cubertos de maneira interina. Destas, doce corresponden a persoal funcionario, en concreto un arquitecto/a, tres técnicos/as da administración xeral, un arquitecto/a técnico, dous saxofonistas, un administrativo/a, un condutor/a, un técnico/a intermedio de prevención de riscos laborais e dous uxieres. Tamén se contempla a estabilización de seis prazas de persoal laboral: un técnico/a de Educación e Mocidade, un xornalista, un porteiro/a-conserxe para instalacións deportivas, un palista, e dous condutores/as para o parque móbil. Ademais, a oferta incorpora tres prazas de persoal indefinido non fixo por sentenza, en concreto dous auxiliares administrativos e un arquitecto/a da Oficina de Rehabilitación da Cidade Histórica.

]Promoción interna
En canto ás prazas de promoción interna, son seis para persoal funcionario e catro para persoal laboral. As primeiras son cinco prazas de administrativos/as e unha de conserxe; e as de persoal laboral corresponden a tres administrativos/as do servizo de recadación e un porteiro/a conserxe.

Persoas con discapacidade
A oferta de emprego reserva tres prazas para persoas con diversidade funcional. Son unha praza de auxiliar administrativo/a e unha de uxier na oferta de quenda libre para persoal funcionario, e unha praza de administrativo na quenda de promoción interna para persoal funcionario.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: