TURISMO

Os dez finalistas de Santiago(é)tapas mediranse na gran final durante a vindeira fin de semana

03/12/2018 A undécima edición do concurso Santiago(é)tapas xa ten dez tapas finalistas, escollidas polo xurado profesional entre as 101 propostas dos 68 locais participantes na primeira parte do concurso, que se desenvolveu do 15 de novembro ao 2 de decembro.

As tapas que se medirán na gran final da vindeira fin de semana son:

- Castañas e mexillóns, de O Ferro.
- Ramen xaponés que se volveu galego (chegar e encher), de Izakaya Markesa.
- Montadiño Tenreira-Arzúa-Ulloa, de A Viaxe.
- Cilindro do lombo baixo vitela galega con dado de pataca e queixo, de A Nave de Vidán.
- Lacón + castañas + San Simón, de A Tasquiña de San Pedro.
- Croqueta, de Artesana.
- Pan de palleiro, de Solleiros.
- Mexillón recheo, cristal de castaña e fabas con pataca codium, de El Bocalino.
- Ostra en escabeche, de A Ostrería.
- Pataca Quechola, de Doña Ana.

Na gran final, do 7 ao 9 decembro, os establecementos finalistas ofrecerán a súa tapa ao público. A votación popular destes tres días unirase á valoración dun novo xurado profesional para outorgar os premios desta edición, que serán entregados nunha festa de entrega de premios o 18 de decembro: o Primeiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 1.000 euros; o Segundo Premio Santiago(é)tapas, con 500 euros, e o Terceiro Premio Santiago(é)tapas, con 500 euros en produto.

Ademais, o público premiará directamente cos votos xa emitidos entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a dúas tapas. A Primeira Tapa do Público recibirá 700 euros e a segunda, 300 euros. Finalmente, o premio Premio(é)tapas+, de 700 euros, outorgarase á persoa ou colectivo que mellor difusión faga do concurso a través de Facebook e Instagram.

Por cuarta edición consecutiva, Santiago(é)Tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Conta con Mahou como patrocinador principal, o copatrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola, e a colaboración institucional da Deputación da Coruña.

Direcciones relacionadas



Compartir: