MULLER

A Concellería da Muller organiza un obradoiro de autoestima

18/05/2005 O vindeiro 23 de maio, e ata o 27, ábrese o prazo para aquelas mulleres que queiran incribirse.

A Concellería da Muller vén de convocar un obradoiro de autoestima para mulleres, que terá lugar durante os días 7, 9, 14, 17, 21, 23, 28 e 30 de xuño, de 16 a 17.30 horas, no centro sociocultural José Saramago, (rúa Carlos Maside, s/n, Vite).

As interesadas en participar neste obradoiro, poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4, baixo), entre o 23 e 27 de maio de 2005, e en horario de 9 a 14 horas.

O único requisito para poder inscribirse neste obradoiro é estar empadroada no Concello de Santiago. A selección das participantes farase por orde de entrada das solicitudes.

Compartir: