ALCALDÍA

Santiago acollerá en maio o XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia

13/11/2018 Santiago acollerá en maio de 2019 o XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, organizado pola Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia. O alcalde reuniuse hoxe cunha delegación desta entidade, encabezada polo seu presidente, Antonio Fernández-Pro Ledesma.

O XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia terá lugar do 16 ao 18 de maio de 2019, baixo o lema "Superamos etapas compartindo o Camiño". Prevese que no foro, que terá lugar no Palacio de Congresos, participen unhas 3.000 persoas. Segundo explicaron na xuntanza co alcalde, esta edición do Congreso introducirá novos formatos de actividades formativas, como a secuencia non-stop de presentacións para a "actualización en habilidades indispensables en Atención Primaria". Tamén haberá unha parte dedicada á simulación clínica.

Na reunión deste mediodía con Martiño Noriega participaron o presidente da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), Antonio Fernández-Pro Ledesma; o presidente da SEMG-Galicia, José Carlos Bastida; a vicepresidenta da SEMG e presidenta do Comité Organizador do Congreso, Pilar Rodríguez Ledo; o presidente do Comité Científico, Lorenzo Armenteros del Olmo; e os membros do Comité de Congresos da SEMG Mercedes Otero e Benjamín Abarca.

Compartir: