ALCALDÍA
Martiño Noriega expresou a súa vontade de que o Concello siga mantendo a colaboración co Ateneo de Santiago. O alcalde lembrou que este ano, a entidade recibiu unha subvención nominativa de 20.000 euros por mor da celebración do décimo aniversario. A achega habitual de anos anteriores fora de 5.000 euros.
O alcalde reúnese coa directiva do Ateneo
12/11/2018 O alcalde recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a directiva do Ateneo de Santiago, nunha xuntanza que tiña como obxectivo coñecer a programación de actividades da asociación para o vindeiro ano. Martiño Noriega comprometeuse a estudar vías de colaboración coa entidade.
Na reunión co alcalde participaron o presidente do Ateneo, Salvador García-Bodaño; o vicepresidente, Manuel López-Rivadulla; o secretario, Francisco Candela; e o tesoureiro, Antón Porteiro. Tamén asistiron os vogais da asociación Pilar Sampedro e Xosé Ramón Pousa. A directiva do Ateneo expúxolle ao alcalde a súa vontade de manter un importante ritmo de actividades en 2019, despois de que este ano se reforzara a súa programación por mor da celebración do seu décimo aniversario. Na programación na que está traballando a entidade figuran exposicións, presentacións de obras literarias, roteiros culturais e diferentes cursos e faladoiros, así como os consolidados "Luns do Ateneo".Martiño Noriega expresou a súa vontade de que o Concello siga mantendo a colaboración co Ateneo de Santiago. O alcalde lembrou que este ano, a entidade recibiu unha subvención nominativa de 20.000 euros por mor da celebración do décimo aniversario. A achega habitual de anos anteriores fora de 5.000 euros.