ALCALDÍA

Continúan as actividades de "Compostela Ilustrada"

10/11/2018 Os espazos máis singulares da cidade seguen acollendo as actividades do III Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada. Nesta xornada, o pintor e deseñador Javier Mariscal participou no evento e foi saudado polo alcalde, Martiño Noriega, nos soportais do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

O artista valenciano sumouse así aos ilustradores e ilustradoras que durante estes días están debuxando diferentes lugares da cidade. Este mesmo sábado, Miguelanxo Prado, Urumo, Carlos Silvar, Juan Linares, Joaquín González, Alicia Aradilla ou Celia Burgos integraron o cartel de debuxantes. O traballo desta última exponse dende este mediodía no paseo dos Leóns da Alameda.

Compartir: