IGUALDADE

Corenta persoas participaron nos obradoiros da risa realizados en Figueiras, Verdía e Bando

07/11/2018 Un total de 31 mulleres e 9 homes participaron durante o mes de outubro e a primeira semana de novembro nos obradoiros da risa postos en marcha nas parroquias do rural pola Concellaría de Medio Rural en colaboración con Igualdade.

Os obradoiros desenvolvéronse os días 16, 23 e 30 de outubro en Figueiras, os días 22 e 29 de outubro en Verdía e o 19 e 26 de outubro e 2 de novembro en Bando. Tiñan como obxectivo crear espazos de encontro e diversión nos que poder descubrir os beneficios da risa na saúde, mellorar e favorecer a comunicación e as relacións persoais reflexionando como inflúe o xénero no desenvolvemento das nosas vidas.

As persoas participantes destacaron o bo clima grupal que se creou nas sesións, a recuperación do gusto polo xogo e a oportunidade de sentirse libre para expresar as emocións e para relaxarse.

Compartir: