CULTURA

Talía representa no Principal a función número 200 de "Bicos con lingua"

25/01/2007 O sábado 27, o Teatro Principal acolle a función número 200 de "Bicos con lingua", de Talía Teatro. Será unha representación especial, na que estarán todas as persas que colaboraron nesta montaxe, convertida xa en clásica nos escenarios galegos. A entrada é de balde, previa recollida da mesma no Principal.

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou esta función, que terá continuidade ao día seguinte, e deulles os parabéns aos membros de Talía Teatro pola traxectoria dunha obra que tivo grande éxito de pública e crítica en toda Galicia. A representación segue e seguirá de plena actualidade coa súa reflexión humorística en torno ao compromiso coa lingua. "Lamentabelmente, este espectáculo vai seguir tendo moita vixencia. A idea é que un día caduque porque a lingua galega teña un uso normalizado", apuntou Artur Trillo, que comparte escenario con Toño Casais

Tamén sobre a intención da obra, Trillo recalcou a súa incidencia sobre os máis mozos, especialmente en todas as funcións que viñeron realizando nos institutos: "O teatro debe ser o único sector normalizado da cultura. Se conseguimos que a xente pare a pensar dez segundos, o noso obxectivo xa estará conseguido".

Compartir: