TURISMO
Compostela acolle unha feira internacional de produtos turísticos relacionados coa cultura
24/01/2006 O Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago acolle "Cultour", unha feira de mostras profesional sobre produtos relacionados con turismo cultural. Os días 25 e 26 de xaneiro daranse cita na cidade empresas e tour operadores dos cinco continentes, que ofrecerán as súas variadas propostas de estancias, viaxes e eventos.
O programa da Feira incluíu unha visita previa a Raxoi, onde os participantes foron recibidos por parte da Corporación municipal, encabezados polo responsable de Turismo, Francisco Candela. Este certame terá continuidade no ano 2008 na cidade norteamericana de Las Vegas.