CONVIVENCIA

Protección Civil de Santiago participa no I Encontro de Bicicletas Sanitarizadas

22/10/2018 A agrupación de Protección Civil en Santiago participou na fin de semana en Madrid no I Encontro de Bicicletas Sanitarizadas, organizado por SAMUR-PC. O obxectivo do foro era mostrar o traballo que realizan estas unidades, que no caso de Compostela teñen unha especial relevancia na atención aos peregrinos e peregrinas.

No I Encontro de Bicicletas Sanitarizadas participou a responsable da Agrupación de Protección Civil de Santiago. Begoña del Río interveu no foro para dar a coñecer o labor que desenvolve a unidade ciclista, fundamentalmente na atención a peregrinos e peregrinas que percorren o Camiño de Santiago. Ademais, os/as participantes no encontro recolleron a experiencia deste servizo noutras cidades como Málaga, Murcia, Marbella, Leganés ou Sevilla.

O encontro foi organiza por SAMUR-Protección Civil de Madrid, onde a unidade ciclista "Lince", cumpre 20 anos. Foi a primeira unidade sanitaria de España que desenvolvía o seu labor trasladándose en bicicleta. As súas principais vantaxes están na posibilidade que ofrecen de achegar primeiras intervencións a lugares de difícil acceso, fundamentalmente en espazos verdes.

Compartir: