ALCALDÍA

Recepción á Unión de Consumidores de Galicia no seu trinta aniversario

03/10/2018 O alcalde, Martiño Noriega, presidiu esta mañá a recepción á Unión de Consumidores de Galicia, con motivo do seu trinta aniversario. No acto participou unha delegación da UCGAL encabezada polo seu secretario xeral, Miguel López.

A Unión de Consumidores de Galicia leva trinta anos desenvolvendo un importante labor de concienciación e información e defendendo os intereses dos consumidores e consumidoras galegas. A organización non ten ánimo de lucro, e o seu financiamento procede únicamente das achegas dos seus máis de 4.000 asociados e asociadas.

Na recepción participaron, ademais do secretario xeral Miguel López, outros membros do equipo técnico e directivo da Unión de Consumidores de Galicia, que lle fixeron entrega ao alcalde das camisetas e as bandas deseñadas de "Os Benfeito", a "familia" creada pola UCGAL para desenvolver as súas campañas informativas.

Compartir: