BENESTAR SOCIAL

O Concello e ASPAS amplían a súa colaboración

22/01/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS), Marcelo de la Cruz. Ámbolos dous falaron dos proxectos en marcha nos que participa o Concello e doutros futuros nos que tamén haberá colaboración municipal.

A implicación do Concello nos proxectos de ASPAS conta xa con moitos anos, como queda reflectido nos convenios que cada ano se asinan entre as dúas entidades. A última das colaboracións foi a cesión municipal de dúas vivendas de xeito temporal en Fontiñas, para facilitar a inserción social e a vida independente de persoas con discapacidade intelectual.

Ademais, o Concello colabora no desenvolvemento de programas destinados ás familias, do servizo de ocio e deporte, de formación do persoal, e das campañas de medicina preventiva e saúde, así como das actividades que se realizan na Unidade de atención personalizada ou no centro residencial "Juan Vidán Torres".

Compartir: