INFRAESTRUTURAS

A parroquia de Grixoa únese á rede municipal de abastecemento de auga

20/01/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse ata a parroquia de Grixoa para escoitar as propostas dos veciños e visitar canda eles as obras realizadas na parroquia nas últimas datas.

En concreto, na parroquia de Grixoa o Concello acaba de rematar un proxecto de abastecemento de auga potable. A inversión por valor de 205.871 euros. afectou a case seis quilómetros, nos que se colocaron tuberías de polietileno dun diámetro de 100 milímetros. Grazas a estas obras, os veciños poderán dispoñer de subministro de auga potable da rede municipal de abastecemento.

Sánchez Bugallo escoitou as peticións dos máis de 80 veciños presentes para novas actuacións e comprometeuse a acometer o abastecemento de auga tamén para o lugar de Miramontes, ademais de seguir mellorando o asfaltado das pistas. O alumeado público, as instalacións do local social ou o transporte público serán outras materias que serán estudadas.

Acompañaron ao alcalde nesta visita os concelleiros de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano; de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón; e de Infraestruturas, Bernardino Rama.

Compartir: