ALCALDÍA

O Colexio de Avogados de Santiago entregou as súas medallas de ouro

19/01/2007 O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acolleu a entrega das medallas de ouro do Colexio de Avogados de Santiago, nun acto ao que, entre outros, asistiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Nesta ocasión, as medallas de ouro e brillantes foron para Juan Bautista Gerpe Castro e Jesús Palmou Lorenzo. Tamén a recibiu Jesús Bernardo Sánchez Fernández, en recoñecemento aos corenta anos de exercicio profesional na avogacía.

Esta entrega de premios realízase con motivo da celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort, patrón das facultades de dereito. Os actos incluíron tamén unha misa na Catedral de Santiago e unha cea.

Compartir: