BENESTAR SOCIAL

Santiago recibirá o 7 de marzo o premio Raíña Sofía de Accesibilidade Universal

19/01/2007 O 7 de marzo, ás 13:00 horas, no Palacio da Zarzuela, Compostela recibirá premio Raíña Sofía de Accesibilidade Universal 2006, segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. O premio recoñece o labor de Santiago na eliminación de barreiras arquitectónicas e virtuais que dificultan a vida diaria das persoas con discapacidade.

Santiago de Compostela fora elidida entre os municipios de máis de 100.000 habitantes, polo seu labor na eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios, no transporte e na comunicación. O xurado tamén recoñecera a elaboración e edición dunha guía accesible que aglutina toda as actividades desenvolvidas sobre accesibilidade.

Xunto a Santiago, a Raíña Dona Sofía entregará o seu galardón ás localidades de Lugo, Ribadesella (Asturias) e Fontanar (Guadalajara).

Compartir: