MERCADOS

A sinatura do convenio con Vivenda permitirá por en marcha definitivamente a reforma da Praza de Abastos

19/01/2007 O Concello remitiu xa ao Ministerio de Vivenda as pequenas modificacións propostas para o convenio que permitirá acometer a reforma da Praza de Abastos. No texto remitido polo departamento de María Antonia Trujillo dáse solución ao problema derivado do financiamento a tres bandas da operación: Concello, Ministerio e Xunta de Galicia.

Segundo indicou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, na súa rolda de prensa semanal, o Ministerio de Vivenda encargarse de licitar as obras. Posteriormente, a empresa que resulte adxudicataria emitirá certificacións de obra independentes ás tres administracións polos importes comprometidos. Unicamente queda agora que se asine o convenio definitivo.

Compartir: