DEPORTE

Xa se coñecen os horarios da Supercopa Endesa 2018

22/08/2018 Xa se coñecen os horarios da Supercopa Endesa da ACB, que se disputará no Multiúsos Fontes do Sar os días 21 e 22 de setembro. O 12 de setembro celebrarase o sorteo dos emparellamentos no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.

As semifinais da Supercopa xogaranse o venres 21, ás 19:00 e 21:30 horas. A final será o sábado 22 ás 19:15. Previamente, ás 18:15, disputarase o concurso de triplas de El Corte Inglés.

Sorteo de emparellamentos
A Supercopa Endesa da ACB enfrontará ao Real Madrid, campión da Liga Endesa; Barça Lassa, campión da Copa do Rei; Kirolbet Baskonia, subcampión da Liga; e ao Monbus Obradoiro, como anfitrión.

O sorteo dos emparellamentos vaise realizar o 12 de setembro, ás 11:30 horas, no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.

Compartir: