EDUCACIÓN

Un novo curso formara ao profesorado sobre cine documental e historia de España

16/01/2007 "A historia que vivimos" é o título dun curso de formación que combina proxeccións cinematográficas con diversas charlas, dirixidas ao profesorado. O obxectivo da iniciativa é formar aos docentes sobre cine documental e historia de España.

O curso da continuidade ao celebrado en xaneiro e febreiro de 2006, ante o éxito da convocatoria. Nesta ocasión os participantes poderán asistir á exhibición de filmes como "Promises", "El efecto Iguazú", "La espalda del mundo", "The March" e "La memoria es vaga". A continuación dos filmes haberá sempre unha charla. As sesións celebraranse os días 18 e 25 de xaneiro, e 1, 8 e 15 de febreiro, ás 18:00 horas, no salón de graos da Facultade de Políticas.

Na organización do curso participan a Concellaría de Educación, a Consellería de Educación, o Departamento de Historia Contemporánea da Facultade de Historia da USC, a Fundación 10 de Marzo e a Fundación Araguaney.

Compartir: