DEPORTE

Últimos días para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais na tempada 2018-2019

12/07/2018 O vindeiro luns, 16 de xullo, remata o prazo de solicitude de instalación deportivas municipais para a tempada 2018-2019. Os formularios de solicitude, que están dispoñibles tanto na web municipal como na do Departamento de Deportes, deben presentarse no Rexistro Xeral Municipal (rúa do Presidente Salvador Allende, 4 – baixo, Galeras) ou no Rexistro Auxiliar do Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16) en horario de 9:00 a 13:00 horas.

Esta convocatoria está destinada, por orde de prioridade, a centros escolares que non posúan ningún tipo de instalación deportiva para o desenvolvemento da asignatura de Educación Física, a clubs federados ou que participen en competición federada oficial e a entidades deportivas en xeral.

No caso dos clubs e entidades deportivas, serán requisitos obrigatorios: estar inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións dentro do prazo de solicitude e dispoñer dun seguro de responsabilidade civil que cubra a actividade para a que se solicita a instalación ou compromiso de contratalo no caso de que se lle ceda o uso dunha instalación.

As solicitudes con documentación pendente tramitaranse unha vez completada toda a documentación. Aquelas presentadas fóra de prazo atenderanse unha vez se realice o reparto xeral e dentro das dispoñibilidades existentes

Máis información no Departamento de Deportes a través do teléfono 981 528 730, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Direcciones relacionadas



Compartir: