XUNTA DE GOBERNO

Máis dun millón de euros para a conservación das vías públicas en 2007

15/01/2007 A Xunta de Goberno local aprobou o prego de cláusulas administrativas e o inicio de contratación de obras de mantemento e conservación de vías públicas municipais para o ano 2007, por un importe de 1.100.000 euros. Este plan permitirá mellorar a ampla rede de pistas do Concello.

Entre os acordos do Goberno local tamén figura a recepción da subvención concedida pola Xunta de Galicia para sufragar os gastos extraordinarios por mor da vaga de lumes acontecida do 4 a 14 de agosto de 2006. A axuda ascende a 190.583,48 euros, que permitirán afrontar os gastos correntes derivados desta situación de emerxencia. Esta cantidade completarase con outra estatal duns 90.000 euros. Os 340.000 euros que se tiveron que gastar para a recuperación de emerxencia das zonas afectadas terá que asumila o Concello.

Finalmente, deuse conta da execución e pago efectivo da obra "Recuperación do castelo da Rocha", dentro do proxecto Traslatio II "Herdanza cultural do Camiño Portugués", por importe de 141.999,68 euros. Este proxecto de recuperación terá continuación en 2007, xa da man do Consorcio, con actuacións como a limitación de terreos para a súa expropiación.

Compartir: