COMERCIO
O primeiro dos proxectos, presentado pola asociación Compostela Monumental, é a definición dun Plan Estratéxico do Comercio para a Cidade Histórica. Neste momento, o colectivo e a asiatencia técnica que desenvolve o programa Con B de Barrio están xa realizando o primeiro traballo de campo, con máis de 40 entrevistas con axentes clave do tecido social, económico e comercial tando da zona vella como do resto da cidade.
Tamén foi seleccionado o proxecto "Non é o mesmo", presentado por diferentes comercios de produto ecolóxico tanto do Ensanche como dos Concheiros ou o Paxonal, co respaldo da asociación de comerciantes Santiago Centro, a asociación veciñal Raigame, e a asociación de produtores ecolóxicos APEGA. O seu obxectivo é divulgar os valores ecolóxicos entre a cidadanía de Santiago e invitar a comerciantes e produtores a instaurar a onciencia ecolóxica tanto no ámbito da alimentación como na mobilidade, o aforro enerxético, o medio ambiente ou a produción.
"Facendo barrio, facendo cidade" é o terceiro dos proxectos escollidos, asinado por comercios do contorno das Casas de Ramírez, tamén co respaldo de Santiago Centro e de Raigame, e co fin de reivindicar un comercio de proximidade que poña o acento na calidade, cercanía ou coñecemento do cliente do barrio. No marco de Con B de Barrio tamén foi seleccionado un proxecto comercial que pretende fomentar a práctica do deporte entre a cidadanía, e quefoi presentado por varias tendas especializadas de deportes.
Baixo o lema"Un barrio apetecible", na terceira edición do programa foi seleccionada unha proposta que pretende desenvolver o potercial comercial do entorno do Parlamento de Galicia, ao tempo que trata de recordar ás personalidades que dan nome a moitas das súas rúas como Eduardo Pondal, Perez Constanti, Lopéz Ferreiro, Gómez Ulla ou Curros Enríquez. O último dos proxectos seleccionados, presentado por dous comercios do Ensache e da cidade histórica, baséase na creación da primeira marca de textil compostelá.
Con B de Barrio é un programa que procura o desenvolvemento socioeconómico de Santiago, a través dun servizo de consultoría aberta. A convocatoria tamén pretendía favorecer a creación de sinerxias entre o sector, e por iso as candidaturas debían estar integradas por un mínimo de tres establecementos comerciais.
Seis iniciativas participan na terceira edición do programa de dinamización comercial "Con B de Barrio"
27/06/2018 Xa está en marcha a terceira edición do programa de dinamización comercial Con B de Barrio, coa participación de seis proxectos que recibirán asesoramento ata finais de ano, da man da concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. A iniciativa ten como principal obxectivo fomentar a cooperación entre establecementos comerciais da cidade, para crear sinerxias e redes colaborativas de negocio.
Na terceira convocatoria de Con B de Barrio foron seleccionados seis proxectos que lle afectan tanto as grandes áreas comerciais da cidade histórica e do Ensanche como a barrios máis afastados do habitual circuíto, como Paxonal ou Concheiros. Tamén son moi variadas as temáticas das propostas que foron seleccionadas no programa.O primeiro dos proxectos, presentado pola asociación Compostela Monumental, é a definición dun Plan Estratéxico do Comercio para a Cidade Histórica. Neste momento, o colectivo e a asiatencia técnica que desenvolve o programa Con B de Barrio están xa realizando o primeiro traballo de campo, con máis de 40 entrevistas con axentes clave do tecido social, económico e comercial tando da zona vella como do resto da cidade.