ALCALDÍA

A Peña Ciclista Amigos de Santiago (Ávila) peregrina un ano máis a Compostela

19/06/2018 A concelleira de Deporte, Noa Morales, xunto con outros/as integrantes da Corporación, recibiu no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír unha nova edición da súa ciclomarcha a Compostela.

A chegada deste grupo de ciclistas a Santiago xa é unha tradición nestas datas, pois van 31 edicións desta peregrinación. Partiron de Ávila o pasado 16 de xuño e chegaron a Compostela tras nove etapas.

Este ano participaron na marcha 14 ciclistas de diferentes idades. Como se vén facendo nos últimos anos, a Corporación recibiunos no salón vermello e animounos a manter viva esta tradición de peregrinar a Compostela.

Compartir: