ALCALDÍA

O poeta Antonio Gamoneda descobre a cuarta pedra do Xardín das Pedras que Falan

08/06/2018 O poeta asturiano Antonio Gamoneda descubriu esta tarde unha nova peza do "Xardín das Pedras que Falan", na que se poden ler uns versos da súa autoría. A súa é a cuarta pedra, despois das que serviron para inaugurar o proxecto, con letras de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza.

Antonio Gamoneda descubriu a súa pedra nun acto no que participaron o alcalde, Martiño Noriega; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra. Tamén participou o escritor Suso de Toro, que ideou o "Xardín das Pedras que Falan" Os versos de Gamoneda elixidos para a súa pedra din "Es la ultima luz. Aún percibo como un perfume la existencia".

O escritor, gañador dos Premios Cervantes e Reina Sofía, aproveitou a súa visita a Santiago para participar na SELIC, a Semana do Libro de Compostela.

Direcciones relacionadas



Compartir: