MEDIO AMBIENTE
Smarter Together
O proxecto europeo Smarter Together ten como obxectivo mellorar a calidade de vida nas cidades a través das tecnoloxías intelixentes. As áreas de traballo nas que se está a desenvolver a estratexia son: plataforma integrada de datos, participación e compromiso cidadán, rehabilitación enerxética en edificios, mobilidade sostible, e district heating e enerxías renovables.
Compostela é socio do Smarter Together como cidade "seguidora", xunto con Venecia e Sofía. O proxecto está liderado polas chamadas "cidades faro": Lyon, Munich e Viena, que será onde se poñan en marcha ao longo de cinco anos as accións financiadas con 29 millóns de euros de fondos europeos do programa Horizon 2020.
Santiago acolle unha xuntanza de traballo do Smarter Together
05/06/2018 O proxecto europeo Smarter Together, do que forma parte Santiago como cidade seguidora, celebra hoxe e mañá en Compostela unhas xornadas de traballo para analizar as actuacións que se veñen desenvolvendo nos últimos meses. Os/as participantes na xuntanza foron recibidos/as este mediodía no Pazo de Raxoi.
As xornadas de traballo permitirán analizar cuestións como a reorganización da estrutura administrativa das cidades tendo en conta o concepto de "cidade intelixente", e afondarán tamén as estratexias para a renovación enerxética das cidades. Ao longo destes dous días, as persoas participantes analizarán tamén as experiencias de urbes europeas nestas materias. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, encargouse de darlles a benvida aos/ás representantes das cidades integrantes do Smarter Together, nunha recepción no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.Smarter Together