ALCALDÍA

Os veciños de San Pedro coñeceron de primeira man as características do Plan especial do parque de Belvís

10/01/2007 Representantes do Club Deportivo Belvís, do Centro Xuvenil Don Bosco, do San Pedro Fútbol Club e das asociacións de veciños "A Xuntanza" e "Amigos de San Pedro" acudiron a Raxoi para manter unha xuntanza co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Os veciños de San Pedro presentaron as súas demandas para o barrio e coñeceron de primeira man as características do Plan especial do parque de Belvís. Tamén participaron na reunión a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, e o técnico encargado do Plan, Enrique Seoane.

Compartir: