EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro para rir de medo no Principal

09/01/2007 A compañía Berrobambán presenta a obra de teatro escolar "Buh!¿quen non pasou unha noite de medo?", á que poderán asistir os nenos composteláns durante nove días de xaneiro. Unha proposta para que os rapaces de primaria xoguen co medo e fagan del unha ferramenta positiva.

As concellarías de Cultura e de Educación promoven esta iniciativa, unha montaxe muda na que o texto ten unicamente relevancia nas cancións e nos xogos. É unha obra cunha estética "tirando a victoriana" -apuntou a directora da mesma, Paula Carballeira-, na que se utilizan as claves do clown para "rir de medo".

As representacións terán lugar no Teatro Principal os días 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18, 19 e 22 de xaneiro, ás 10:30 horas. Xa están inscritos máis de 600 escolares dos centros Quiroga Palacios, Rodríguez Xixirei, Roxos-Villestro, Ventín, Sigueiro, Vite e Os Tilos.

Compartir: