INFRAESTRUTURAS

A Rúa Nova de Abaixo únese ao novo modelo de urbanización do Ensanche

08/01/2007 O concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, anunciou a aprobación do proxecto e do prego de cláusulas para as obras de reurbanización da Rúa Nova de Abaixo. Esta actuación, que seguirá o modelo estético e funcional das últimas rúas reformadas no Ensanche, suporá un investimento de 997.318 euros.

As obras afectarán a toda a rúa, entre a Praza de Vigo e Montero Ríos. Esta rúa ten a particularidade da súa estreiteza, polo que, a petición da Asociación de Veciños do Ensanche, no haberá espazo de carga e descarga entre Santiago de Lestero e e a confluencia co Montero Ríos, para así gañar máis nas beirarrúas. Estas zonas habilitaranse nas proximidades da Praza de Vigo e na propia Montero Ríos.

Esta actuación, que seguirá o deseño de rúas como Xeneral Pardiñas ou República do Salvador, ten un prazo de execución de cinco meses. A previsión é que as obras estean adxudicadas na segunda quincena de marzo.

Compartir: