PARQUES E XARDÍNS

Os veciños de Santa Marta e Doutor Maceira disfrutan de dous novos parques infantís

04/01/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a apertura das novas áreas de xogos infantís no barrio de Santa Marta e na rúa Doutor Maceira na tarde do xoves 4.

A área do parque infantil de Santa Marta está, desde agora, dividida en dúas zonas: unha cunha randeeira, varios xogos de resorte, e multixogos para nenos e nenas de máis de seis anos e outra axeitada para cativos de máis de dous anos. Ámbalas dúas zonas equipáronse con xogos diversos que estimulan os sentidos, o exercicio físico, a creatividade, a fantasía e o equilibrio, sempre segundo a normativa europea de seguridade. O orzamento total que se investiu na remodelación do parque é de 20.538,96 euros.

Pola súa parte, a remodelación da área infantil do parque de Doutor Maceira consistiu na colocación dun espazo multixogo para cativos con idades comprendidas entre dous e doce anos con xogos de integración que se completou con dúas unidades de balancíns con resortes. O orzamento total para esta área foi de 8.465,99 euros.

Compartir: