CULTURA

Os valses e as polcas soaron no Auditorio

03/01/2007 A Strauss Festival Orchestra ofreceu un concerto no Auditorio de Galicia. Esta formación é en realidade a Orquesta Sinfónica da Ópera Nacional de Minsk, que toma este nome nas súas xiras do Gran Concerto de Aninovo. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, no quixo perderse o concerto.

Esta agrupación musical é unha das máis importantes de Bielorrusia. Nesta ocasión estivo acompañada polo Strauss Festival Ballet Ensemble. O seu prestixio internacional está avalado polas súa xira por cidades como Amsterdam, Berlín, Hamburgo, Roma ou Madrid. A dirección da orquestra correspondeu en Santiago a Sergey Vanteev.

O espectáculo remontou ao público á Viena decimonónica, con valses ou polcas, e cunhas coreografías e vestiarios propios da época. E todo cun protagonista fundamental, o compositor Johann Strauss.

Compartir: