ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal de Música fai unha doazón á Cociña Económica

16/04/2018 A Banda Municipal de Música, en colaboración con Gallery Trumpets, vén de facer unha doazón á Cociña Económica de Santiago. Trátase da cantidade recadada cos calendarios que editou a formación.

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño; e o responsable de Gallery Trumpets, Ángel Frieiro, fixéronlle entrega desta doazón esta mañá á Cociña Económica, representada por Sor Margarita e Javier Brage, administrador da Cociña. A cantidade recadada ascende a 550 euros.

Compartir: