IGUALDADE
Recepción ás participantes no XXIX Congreso Estatal de Mulleres Avogadas
13/04/2018 A concelleira de Igualdade recibiu as participantes no XXIX Congreso Estatal de Mulleres Avogadas. Antes, a propia Marta Lois fora a encargada de inaugurar o encontro.
O Congreso celébrase dende este venres e ata o domingo na Facultade de Dereito, abordando cuestións de actualidade como a maternidade subrogada, a brecha salarial ou a custodia compartida.