ALCALDÍA

Comezaron as actividades de conmemoración do Banquete de Conxo cun paseo teatral polas rúas de Compostela

14/04/2018 A praza de Cervantes foi este sábado o punto de partida do paseo teatral realizado polas rúas de Compostela e que lembrou os momentos previos do histórico Banquete de Conxo. Foi a primeira actividade festiva dentro do amplo programa que impulsa o Concello de Santiago.

O paseo teatral levaba por nome De Carral a Conxo polos vieiros da liberdade, cos protagonistas do histórico Banquete de 1856 (Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Luis Rodríguez Seoane...), que percorreron diversas rúas da cidade convidando a veciños e veciñas a sumarse á celebración do día 22 de abril, da Festa do Banquete.

No percorrido participaron os personaxes antagónicos á celebración como son o Crego e o fidalgo Fandiño. Como representante do pobo estivo a sorna da Cacheirana, unha muller que presenciou os acontecementos, dende os fusilamentos de Carral ata o Banquete de Conxo. Partiron da praza de Cervantes, pasando por Santo Agostiño, Mercado de Abastos, Facultade de Historia, Orfas e Toural.

Compartir: