ALCALDÍA
Principal discrepancia
O alcalde explicou que a principal discrepancia en relación á proposta do Concello para a Silvouta ten que ver cos prazos para a Declaración de Impacto Ambiental. Mentres Acuaes e Augas de Galicia manteñen que sería preciso un proceso administrativo dunha duración estimada de dous anos, "o Goberno local mantén que é preciso facer un proceso simplificado, porque así se fixo noutros casos como o de Ciudad Real, e iso precisaría un prazo de tres meses que, polo tanto, non poría en risco os fondos europeos comprometidos para a EDAR". Martiño Noriega insistiu en que "non nos parece aceptable que o que valeu para outras cidades non valga para Santiago, e se opte pola localización do Souto sen contar que neste caso hai outros trámites que precisan o seu tempo e que non son precisos na Silvouta, como o das expropiacións ou as modificacións de planeamento".
Menos custo e menor impacto ambiental
O alcalde lamentou que "Acuaes e Augas de Galicia manteñan posicións de máximos e non queiran analizar unha proposta do Concello de Santiago que está avalada academicamente e que suporía un menor custo e un menor impacto ambiental". Ademais incidiu en que hai que explicar "por que non podemos aspirar a que a EDAR de Santiago teña a mellor tecnoloxía, máis moderna e máis barata".
A proposta do Goberno local pasa por construír a nova EDAR na localización da actual depuradora da Silvouta, sen interromper o seu correcto funcionamento. Para iso, utilizaríase a tecnoloxía granular aerobia, que require instalacións de dimensións reducidas e cun consumo enerxético moito menor ao doutras depuradoras. Os prazos de construción da EDAR tamén sería moito menor que o estimado para o Souto, previsiblemente tres anos.
Na reunión celebrada esta tarde no Pazo de Raxoi participaron o alcalde, Martiño Noriega; o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; a directora xeral de Acuaes, Aránzazu Vallejo; e o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez. Tamén asistiron técnicos das tres administracións implicadas, así como os expertos universitarios que avalaron a proposta.
O alcalde solicitará unha reunión coa Secretaría de Estado de Medio Ambiente para analizar a proposta da EDAR da Silvouta
09/04/2018 O alcalde solicitará unha reunión coa secretaria de Estado de Medio Ambiente e presidenta de Acuaes, María García Rodríguez, para seguir analizando a proposta do Concello para a construción da nova EDAR na Silvouta. Martiño Noriega quere "esgotar todas as vías, despois da decepción da reunión celebrada hoxe coa directora xeral de Acuaes, que mantén exactamente a mesma proposta para a depuradora do Souto que foi rexeitada polo Pleno da Corporación".
Ao remate da xuntanza celebrada esta tarde no Pazo de Raxoi, o alcalde lamentou "a posición ríxida e inmobilista de Acuaes e Augas de Galicia, mentres que o Concello é a única administración que propón novas alternativas para solucionar o grave problema ambiental que ten Santiago". Martiño Noriega insistiu en que "os responsables de Acuaes e Augas de Galicia non moveron as súas posturas, nin no relativo ao reparto económico que supón un agravio comparativo para Compostela, nin no que ten que ver coas tecnoloxías".Principal discrepancia