FESTAS

Santiago estrea Banda de Cornetas e Tambores

03/01/2007 A Cabalgata de Reis será o primeiro acto no que tomará parte a nova Banda de Cornetas e Tambores de Santiago. A nova formación está composta por nove percusionistas e cinco cornetas e participará a partir de agora en diversos actos institucionais.

A Banda deu os seus primeiros acordes na Praza do Obradoiro, nunha breve actuación que concitou a atención dun bo grupo de turistas e cidadáns. A esta primeira actuación asistiu o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro.

A nova formación xorde das confrarías de Estudantes e dos Irmáns, coa colaboración económica do Concello de Santiago, que lles facilitou os seus traxes de gala. A cambio, participarán de aquí en diante en diversos actos, como na vindeira Semana Santa. A Banda tamén ten previstas outras actuacións, como no desfile de San Patricio, en Nova York.

Compartir: