XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o proxecto de urbanización do polígono do SUP-3 de Pontepedriña

02/01/2007 Trala resolución das alegacións, a Xunta de Goberno local aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 2 do SUP-3 de Pontepedriña. Cómpre lembra que a actuación neste solo afecta a un total de 5,2 hectáreas, nas que se construirán 412 vivendas.

Nesa primeira Xunta de Goberno do ano, ademais deste proxecto, aprobáronse diversas exencións nas taxas pola subministración de contadores, saneamento e depuración de augas residuais e polo servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos. Tamén se concederon bonificacións e beneficios fiscais en diversas taxas.

Compartir: