ALCALDÍA E EDUCACIÓN

Pleno infantil con alumnado de primaria do Colexio Compañía de María

21/03/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu un pleno infantil no que os concelleiros e concelleiras foron alumnos e alumnas de primaria do Colexio Compañía de María.

Durante a sesión, na que tamén participou o concelleiro socialista Gonzalo Muíños, os nenos e nenas formularon diversas preguntas, a maioría relacionadas co labor político no Concello e con diversas problemáticas da cidade.

Compartir: