PLENO

Novos membros no Consello Reitor do Auditorio e no Consello Municipal de Migracións

28/12/2006 O Pleno municipal aprobou o nomeamento de Iñaki Martínez Antelo e Ana Romaní Blanco como membros do Conxello Reitor do Auditorio de Galicia. Así mesmo, acordouse a designación dos integrantes do Consello Municipal de Migracións.

Ademais de representantes dos grupos municipais, a entidade consultiva contará con representación dos sindicatos, das asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes inscritas como tales no Rexistro Municipal de Asociacións, das asociacións que traballen en prol da igualdade e prestación de servizos a inmigrantes e emigrantes, da Secretaría Xeral de Emigración, da Cámara de Comercio, da Confederación de Empresarios, da Universidade, das obras sociais das Caixas de Aforros, da Concellaría de Centros Socioculturais, do Consello Municipal de Relacións Veciñais, do Colexio Oficial de Avogados de Santiago e do Colexio Oficial de Traballo Social.

Compartir: